Cineuropa | «Capturing the Friedmans»
05 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.UNHA das posibles causas do éxito dos documentais é que cada día é máis difícil distinguir entre realidade é ficción. Quizais os espectadores busquen no cine algunha das verdades que a realidade mediática xa non ofrece. Sen embargo, os espectadores de Capturing the Friedmans non van encontrar grandes verdades argumentais, pero si unha verdade política: cando un problema ten trascendencia pública (ou sexa mediática) xa ninguén di verdade, todo se volve un xogo de medias mentiras descaradas. En canto o asunto é público a verdade desaparece. O documentald de Andrew Jarecki aproveita a paixón polo video caseiro dunha familia na que, desde fóra, se xustifica aquel título de Goya: o soño da razón produce monstros. Sen embargo, o director entra no tan delicado argumento da familia media norteamericana cun pai e un fillo acusados de pederastia e sodomía coa intención de colocar a cada quen no seu lugar, de demostrar que cada quen conta a parte que lle convén dunha historia que é como un longo e tortuoso camiño. O documental é máis minucioso que a instrucción do sumario que xulgou ao pai e ao fillo, aproveita con habilidade todas cintas caseiras nas que a familia parece feliz, norteamericana e consumidora e, coa mesma habilidade, aproveita aquelas cintas nas que a familia en quebra discute como na loita final. Aínda que a radiografía familiar non chegue ás profundidades daquel Desencanto dos Panero filmado por Chávarri, hai neste documental moito desa espiral de intrigas e autodestrucción que habita nos sótanos das máis firmes, seguras, aparentes e convencionais familias de clase media occidental que tampouco vota a Bush. Director: