A oferta complétase con ximnasia de mantemento nas parroquias
15 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Os pavillóns de Milladoiro e Bertamiráns, os centros socio-culturais, o instituto (IES) de Bertamiráns e o ximnasio Squash acollen desde o pasado día 4 de outubro unha nova edición das escolas deportivas, nas que participan case mil rapaces, básicamente de Milladoiro (418) e Bertamiráns (371), unha inicitiva da Concellería de Cultura e Deportes, que dirixe Xosé M. Fernández. As escolas deportivas de Ames poñen en práctica o criterio de deporte para todos, e pretenden facilitar os medios para que os veciños poidan practicar algún deporte como medio útil na mellora da calidade de vida. Estas escolas acollen este ano trece actividades: aeróbic, baloncesto, fútbol sala, ioga, natación, patinaxe, predeporte, tenis, voleibol, ximnasia (mañá e tarde) e ximnasia específica para discapacitados. Estas actividades desenvóvense de outubro a maio e nelas poden participar tódalas persoas desde os tres anos. A demanda foi importante, como o proba o feito de que, debido á insuficiencia das instalacións, quedaron en reserva 22 persoas en aeróbic. Esta oferta deportiva complétase co programa de ximnasia de mantemento, que se desenvolverá en tódalas parroquias a partir do mes que vén e dirixido á poboación rural e adulta. Nos obradoiros culturais inscribíronse ata o de agora 189 matriculados, dos que 17 anotáronse en canto, 38 no obradoiro de manualidades e 144 no de baile e música tradicional. Estes obradoiros tamén se desenvolven nos centros socio-culturais de Milladoiro e Bertamiráns.