A illa

LUPASI

SANTIAGO

TRIBUNA | O |

21 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

RETROCEDO aos anos 50: os encantos da Illa da Toxa, o seu Balneario, a fábrica onde comprabamos aquelas barras de xabón que non se gastaban nunca, o Gran Hotel, catro ou cinco chalets e para de contar. A Illa dá cobixo aos excursionistas e peñistas que penetraban na frondosidade do monte, sin ningún impedimento. Pero ¡ay!, o chamado progreso acabou con aquel encanto. A especulación non ten corazón. Que pasaría hoxe coa nova Lei do Solo. Seguramente non veríamo-la desfeita urbanística e os grovenses manterían as súas reivindicacións patrimoniais. A última fin de semana pasei o día no Grove, redescubrindo aqueles marabillosos lugares. Todavía resonan os meus oídos aquela entonación dos mariñeiros que con voz doce e acolledora dicían: «Hola, cando chijiches o outro día, mirinche en Santiago». Cómpreme facer unha mención aos pioneiros do Grove que deron a coñecer as excelencias culturais e gastronómicas da man de José Prieto e súa dona Carmen Bea, da Casa Pepe. O prestixio da súa cociña chega moi lonxe. Transcurridos preto de 70 anos sen recibir o merecido recoñecemento, hora é de que as autoridades locais e autonómicas teñan en conta o traballo de Pepe e Carmen. Tamén compre mencionar que os canoistas Alfredo Bea e David Mascato, que tan dignamente nos representaron en Atenas merecen outro trato, así o piden os grovenses, así o pedimos os galegos en xeral.