El cronómetro | Manuel Quintana Martelo PINTOR QUE VAI IMPARTIR UN TALLER NO CGAC SOBRE «O OBXECTO NA ARTE» O artista compostelá asegura que lle espanta «a arte que é definida de realista como sinónimo dereproducción, porque o diálogo co obxecto é outro»
02 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.? figuración é, dende finais dos oitenta, o estilo que define a pintura do artista compostelá Manuel Quintana Martelo. De aí que o taller que vai impartir a vindeira semana no CGAC esteña dedicado a O obxecto na arte . -As sesións estarán baseadas na análise do obxecto na arte estructuradas de maneira conceptual ou dende propostas prácticas para afondar nun diálogo. -¿Trátase de traballar arredor da súa obra? -Non, non se trata dunha clase de debuxo nin para establecer o mesmo diálogo que eu manteño coa arte. Por suposto que a miña información está relacionada coa relación que teño co debuxo e coa miña formación. Pero non se trata de que fagan iso, senón de algo máis amplo e aberto, porque non sempre traballei a figuración. -¿É un taller máis orientativo que didáctico? -As propostas de talleres parécenme moi interesantes, tanto se están baseadas en criterios particulares ou non. Non pretendo alonxarme do que fago, senón traballar a partires do diálogo coa forma, do que é a actitude do debuxo. -¿Prefire a definición de figurativo á de pintor realista? -En calquera caso, a figuración é un exercicio intelectual, non é un oficio de copista. Espántame a arte realista definitida como sinónimo de reproducción, porque o diálogo é tanto ou máis conceptual que na arte non figurativa. -¿É suficiente cunha semana de clases? -A idea é, dependendo da marcha do taller, establecer un programa para desenvolver un proxecto e analizalo á volta de tres meses.