23 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.
O Concello de Rois organiza unha viaxe de seis días a Asturias e Cantabria, do 1 ao 6 de maio, para o colectivo da terceira idade do municipio. Entre os lugares a visitar están Luarca, Oviedo, Xixón, Covadonga, Cangas de Onís, San Vicente de la Barquera, Santander, Castro-Urdiales, San Sebastián, Santillana del Mar e Comillas. O custo por persoa é de 230 euros, aínda que a metade finánciaa o Concello, de modo que só hai que pagar 115 euros. Tamén aboa os gastos dos dous guías que acompañarán aos veciños durante toda a viaxe. En caso de que a demanda exceda as previsións feitas polo Concello, haberá unha selección.