O proxecto «Generaciones» expón no Auditorio as obras seleccionadas

Concha Pino SANTIAGO

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

É o segundo ano que Caja Madrid, promotora do certame, trae a mostra a Santiago Entre os premiados hai dous artistas galegos e outros dous destacan no conxunto finalista

12 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

As obras dos artistas galegos María Ruído, David Ferrando, Tatiana Medal e Carlos Rodríguez Méndez figuran entre as premiadas e seleccionadas no certame de Caja Madrid para novos creadores que integran a exposición que se inaugura o próximo xoves no Auditorio de Galicia. A mostra é o resultado da cuarta edición do proxecto Generaciones , á que concurriron 1.600 novos artistas de españoles ou residentes en España, entre os que os xurados de cada disciplina, formados por 28 destacados artistas e profesionais do mundo da arte contemporánea, seleccionaron 73 obras doutros tantos autores para a modalidade de premios e 8 proxectos na de bolsas. Unha característica distintiva deste proxecto é que consta de seis apartados correspondentes a pintura, escultura, fotografía, arte gráfica, novas tendencias e o de proxecto para becas. A dotación ascende a 202.900 euros, dos que 62.500 foron repartidos en primeiros premios e 50.000 en mencións de honra, ademais de adicar ate 30.200 a adquisición de obras, que nesta edición foron doce, e os 62.000 restante ás bolsas para un total de oito proxectos, que serán presentados na edición do 2004 de Arco. O feito de que a un artista lle seleccionen unha obra representa un premio en promoción e defusión, tanto a través da exposición que percorre cinco cidades españolas e a portuguesa de Cascais, ademais de estar en Internet, coma pola edición dun catálogo conxunto. Cada un deles recibiu, ademais, un trofeo e un diploma deseñado por Javier Mariscal.