Un escritor ferrolán é o gañador do certame Afonso Eanes do Cotón

Emilio Forján NEGREIRA

SANTIAGO

A entrega do premio de poesía farase o 25 de octubro na Casa da Cultura de Negreira No concurso literario participaron vintecatro traballos, algún chegado dende Arxentina

06 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

? xurado da segunda edición do Premio de poesía Afonso Eanes do Cotón, patrocinado polo Concello de Negreira cunha dotación económica de 1.500 euros, elixiu onte como gañadora á obra Maio de mel ou lapa , presentada por Xoán Xosé García, de 32 anos e natural de Ferrol. O gañador utilizou un pseudónimo para presentarse ó concurso: Eladio Fraguela. Na segunda edición deste certame de ámbito galego, convocado pola Asociación cultural Afonso Eanes concorreron un total de vintecatro traballos, algúns deles mesmo chegados dende Arxentina. Capacidade creativa Entre os motivos valorados polo xurado para concedelo premio ó novo poeta ferrolán, destacou a súa «capacidade de crear universos poéticos apoiándose nunha expresión sinxela e accesible, allea a baleiros artificios efectistas, cun emprego dos recursos expresivos encamiñando á consecuencia dunha voz lírica propia». Xoán Xosé García, o gañador, naceu en Ferrol no ano 1970. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago e Doutaremento na Universidade Autonóma de Madrid. Non é o primeiro premio que acada, xa que foi o gañador do VII Certame Galego de Ensino, do ano 1999, e tamén doo VIII Certame de poesía Francisco Fernández del Riego para autores novos, no ano 2000. Os dous premios foron creados pola Xunta de Galicia para promover a literatura. Xoán Xosé García tamén participou no Certame de poesía Trevinca, do Concello de A Veiga, e no Certame de Contos Cultura Quente, do Concello de Caldas de Reis. Ademáis foi gañador do XI Premio de poesía Espiral Maior, no ano 2002. Segundo anunciou no transcurso do acto Mari Osorio, presidenta do asociación Afonso Eanes, o acto de entrega do premio celebrarase o vindeiro 25 de outubro na Casa da Cultura de Negreira. Ese mesmo día, terá lugar a presentación do libro coa obra gañadora da primeira edición, Palabras para un parque hidráulico, de David Creus, natural de Cee.