O certame que organiza a Galán ofrecerá 16 funcións entre os días 27 e 29
06 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.volverá a cambiar a finais de mes o ritmo das rúas de Compostela. Tres días de actividades están programados para esta octava edición dun festival pensado para que os paseantes deteñan o seu andar diante da sorpresiva conversión da cidade en decorado. Sete compañías están invitadas este ano para cubrir as dezaseis representacións programadas. O caráter internacional da cita volve a quedar subliñado coa presencia de grupos procedentes de Francia e Alemania. Tres estreas converten á cita de danza nunha referencia para coñecer as últimas tendencias internacionais. As compañías que nesta edición formarán cartel Mal Pelo, procedente de Barcelona; El Punto!, de Sevilla; El Tinglao, de Madrid; Malinkiodato, procedente de Alemaña; No name radar, de Valencia; Jean Laurent Sasportes, de Alemaña e Cynthia Phung-Ngoc e Mathilde Lapostolle, de Francia, además de contar con Juschka Weigel. Os espacios nos que se poderá seguir o festival son os acostumados nos últimos anos: Praterías, Toural, a fachada de San Martiño Pinario, o Parque de Bonaval e as instalacións e arredores do Centro Galego de Arte Contemporánea e o palco da Alameda. Destaca a presencia no programa da obra Nava , de Cynthya Pung e Mathilde Lapostolle, que se representará en Bonaval e que é unha producción do propio festival. Tamén se poderá asistir os ensaios.