Poboando a lírica

CRÍTICA LITERARIA | O |


HOUBO un tempo, e aínda hoxe, que a poesía semellaba referise sempre a espacios desérticos. Por un dicir vello, espacios sen vida, despoboados de toda sensación que non fose estética ou similar.está escrito noutro sentido porque está poboado de nomes, rostros, actitudes, de xestos, de presencias e da necesidade impulsiva de salvar as ausencias. Nun sentido, o poemario de Antón Lopo está colonizado pola vida diaria, polas pegadas que deixa e polas pequenas revelacións que, hai días, fulguran sobre o pan nos manteis. Noutro sentido, o poemario é cruel porque non consinte en adulterar as curvas da vida e as cousas que son están tal cal, co doce e o acedo. Ten unha vocación descriptiva que pode resultar rara entre tanta poesía estetizante como nos leva asediado nos últimos anos, mesmo para aquela que rexeitou ser estética sen decatarse que o era máis que ningunha. Ten un luminoso sentido común este libro: deixa que a poesía medre desde as cousas que pasan, desde as emocións que se intúen. Non hai retórica lirica nestas palabras: está a vida e nada doe nin estimula tanto coma ela.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Poboando a lírica