«Hai que facer obras básicas como o túnel da Galuresa»

La Voz

SANTIAGO

23 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O tránsito e a calidade de vida foron temas polos que tamén lle preguntaron os internautas ó candidato Néstor Rego. -Cómo resolvería o caos de tránsito no Ensanche? -Hai que resolver o problema de circulación na cidade, non é posible facelo pensando en zonas concretas. Hai que poñer en marcha medidas novidosas en diversos ámbitos: mellorar o transporte público; acometer obras básicas como o túnel da Galuresa; a conexión do Sar coa Pontepedriña; o xiro no periférico do Castiñeiriño a Conxo; ou o túnel no cruce do Camiño Novo con Romero Donallo. E poñer en marcha aparcamentos periféricos a baixo prezo e ben conectados co transporte público. A maiores o BNG propón unha implantación de servicio ferroviario de proximidades (metro lixeiro) que conectase Bertamiráns e O Milladoiro con Santiago e a cidade co aeroporto. -¿Vaise facer cumprir as normativas en temas de licencias de pubs e cafeterías? ¿Vaise facer cumprir a obrigatoriedade de ter un sonómetro no local? -Queremos facer cumprir a normativa ambiental en xeral, e específicamente en ruídos porque solucionar o problema dos ruídos é resolver un problema de convivencia cívica. -¿Cómo sería Santiago no 2006 según a súa proposta? -A cidade capital de Galicia que asuma o liderazgo dun proxecto de país dinámico que camiñe cara a maiores cotas de benestar e autogoberno.