Noticia dunhaprostituta piadosa

La Voz

SANTIAGO

VÍTOR MEJUTO

12 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Teatro do Aquí apostou por un texto de Martín Descalzo para contar a historia dunha prostituta que se resiste a que lle quiten unha imaxe de Cristo que leva anos con ela. O fondo da obra resulta hoxe algo superado, pero a compañía centra o seu traballo na circunstancia da protagonista, na resistencia e na súa soedade. O resultado é un monólogo intenso aínda que un punto desigual.