Os fotógrafos de La Voz en Santiago resumen en imaxes un ano de noticias

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

XOÁN A.SOLER

A exposición dunha selección de coarenta fotos inaugúrase o martes no Museo do Pobo Galego Os autores son os redactores gráficos Xoán A. Soler, ÁlvaroBallesteros, Sandra Alonso e Paco Rodríguez

07 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Non hai información completa sen unha imaxe que documente a palabra escrita nun xornal. No mellor dos casos, texto e fotografía compleméntanse. No peor, un queda orfo sen a outra. Por iso, no día a día dun xornal, o redactor gráfico captura a alma do corpo da noticia. Desa capacidade dá boa conta a nova edición da exposición Compostela, un ano de Voz , organizada por La Voz de Galicia coa colaboración da Universidade de Santiago e do Museo do Pobo Galego, donde se inaugura o próximo martes, ás 20 horas, para permenecer aberta ó púbico ata o 31 de decembro. A selección de imaxes que Xoán A. Soler, Álvaro Ballestesros, Sandra Alonso e Paco Rodríguez captaron coas súas cámaras resume un ano de acontecementos na cidade e na súa ampla área de influencia entre xaneiro e decembro do 2002. Eles estabán alí, e con profesionalidade e máis dun sobresalto fixéronlle ver ós lectores noticias de impacto e repercusión social como as movilización universitarias contra da LOU, a dramática explosión nun edificio do Milladoiro ou os lumes que arrasaron grandes extensións dos arredores de Compostela; outras luctuosas e inesperadas como as das mortes do Nobel Camilo José Cela e a do dramaturgo galego Roberto Vidal Bolaño; de caracter deportivo que desencadeou a falta de liquidez do Compos e o seu regreso a Segunda; ou as que nunca deixan de sorprender no ámbito político, como a renuncia de Encarna Otero como portavoz municipal do BNG ou a do cese da histórica hostilidade entre Manuel Fraga e Xosé Manuel Beiras. A maxia das fotografías tamén destacou para dar conta da aprobación do Estatuto da Capitalidade, do relevo de rector da Universidade polo novo sistema electoral; e mesmo de celebracións festivas, relixiosas e culturais que forman parte das nosas tradicións ou que se renovan ano tráis ano.