A Xunta buscará o consenso para o plan de normalización do galego

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

O director xeral de Política Lingüística sinala a necesidade de que esté aberto á participación González Moreiras insistiu no carácter provisorio e plural dos traballos da Xunta

14 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A A elaboración dun Plan Xeral de Normalización da lingua galega aberto que busque o consenso de tódalas forzas políticas e a participación da sociedade. Esta foi a premisa fundamental na que fixo un maior fincapé o director xeral de Política Lingüística da Xunta, Xesús Pablo González Moreiras, durante a súa intervención na apertura dos sextos Encontros para a Normalización Lingüística, xornadas que a sede con Consello da Cultura Galega acolle hoxe e mañá. González Moreiras insistiu no carácer provisorio e totalmente aberto dos traballos que se están a desenvolver desde o Goberno autonómico para levar adiante os obxectivos de política lingüística establecidos na Lei de normalización de 1983. Segundo Moreiras, o calendario para o remate destes traballos, absolutamente provisional, estaría establecido para o segundo trimestre do 2003. Na actualidade están a iniciarse os traballos da segunda fase, que contempla a realización de máis de cento cincuenta entrevistas cos persoeiros relevantes relacionados coa lingua co obxectivo de elaborar un anteproxecto a través de comisións técnicas que estudien as diferentes áreas de actuación. Segundo explicou o responsable de Política Lingüística, este primeiro esbozo estará sometido a reformulacións e enmendas ata o proxecto definitivo que será elevado para a súa aprobación polo Parlamento. Moreiras insistiu na necesidade de implicar a expertos e institucións.