Unha historia con valor engadido

El telefilme galego «Condenado a vivir», candidato ós premios Emmy Galicia podería celebrar a concesión dun Emmy a un telefilme galego producido pola asociación de televisións autonómicas, Forta, se prospera a candidatura de «Condenado a vivir». A cinta, de formato televisivo, conta a loita do tetrapléxico Ramón Sampedro polo dereito á unha morte digna. A producción, dirixida por Roberto Bodegas e cun guión de Javier Macua, está interpretada por Ernesto Chao e María Bouzas nos principais papeis, e a intervención doutros actores galegos.


SANTIAGO

O camiño para chegar a obter un premio Emmy, equivalente ós Oscar televisivos, é longo. Condenado a vivir foi designado candidato pola Forta, pero ten que competir para ser finalista. Esta fase correspóndelle ós membros da academia americana convocante do certame. Este proceso remata en outubro en Cannes. Se chega aí, competirá na gran final, o 25 de novembro, en Nova Iorque e Os Ánxeles.O proxecto púxoo en marcha a multinacional Euroficción, que o coproduciu co productora galega Costa Oeste-Continental, a raíz de saltar ós medios de comunicación a historia do tetrapléxico galego Ramón Sampedro e a súa reivindicación de poñer fin a unha vida que non estaba disposto a seguir soportando.Carlos Carballo, directivo da TVG e representante da Forta, asegurou na presentación pública da candidatura que a entidade que agrupa ás televisións autonómicas é líder na producción de telefilmes, cun total de doce en dous anos e a previsión de sete para o 2003.O productor de Costa Oeste-Continental, Pancho Casal, asegurou que este tipo de productos encaixa nos obxectivos desta empresa de facer cine en Galicia: «Produccións con valor engadido e capacidade de sair ó exterior, e a Forpa danos a razón porque o mercado local xa o temos gañado, cunhas taxas de pantalla impensables». O telefilme realizouse cuns oitenta millóns de pesetas, pero Casal agarda que no futuro poidan contar con outyro tanto de financión por parte de empresas privadas.Na presentación tamén estiveron Carlos Callazo, de Costa Oeste-Faro, e Carlos Orengo, de Euroficción, e os protagonistas María Bouzas e Ernesto Chao, que se amosaron moi satisfeitos deste traballo, e de xeito especial do director, Bodegas, «todo un privilexio».Condenado a vivir foi emitido pola TVG un luns despois de Mareas Vivas, competindo con Operación triunfo, polo que prevé volver emitilo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Unha historia con valor engadido