RÚA DA CANTALETA

La Voz

SANTIAGO

TERESA FERRO MI CALLE

23 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

A Cantaleta é unha desas rúas tradicionais da periferia de Compostela escasamente coñecida fóra do seu entorno máis próximo pero que foi adquirindo protagonismo a medida que a cidade medraba e reubicaba equipamentos públicos. Lonxe de ser unha importante zona de paso para o tráfico rodado como Galeras, A Cantaleta veu ocupar en certo modo o papel que como referente sanitario perdera esta rúa do centro hai dous anos. Nada que ver con Galeras. A Cantaleta é unha rúa con vivendas baixas que practicamente só ocupan a súa marxe esquerda (a dereita está ocupada polo hospital Xil Casares e o Clínico) e onde pilla de lonxe a actividade comercial e hosteleira que ten a que durante varias décadas foi a sede do hospital Xeral. Pero ela é agora a que dá acceso ó Clínico para quen se achegue circulando polo centro da cidade. E tamén a quen opte polo periférico que une A Rocha con Vidán, aínda que o complexo sanitario ten tamén unha importante entrada pola estrada de Noia. Vese unha rúa de barriada tranquila que, non sei en tempos, pero agora nada parece ter coa acepción que ten o seu nome. Porque, segundo o diccionario, cantaleta é o ruído ou confusión de voces e instrumentos cando se fai mofa de alguén. redac.santiago@lavoz.com