CARLOS ALMUÍÑA DÍAZ OPINIÓN
19 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Os problemas polos que pasa o Concello de Teo non son exclusivos do seu término municipal e non se resolven con medidas parciais, por máis exemplares que sexan. Como onte dicía La Voz de Galicia, é a punta de iceberg do caos urbanístico que se reproduce na maioría dos concellos que sofren a presión urbanística da súa proximidade ás cidades. A solución, polo tanto, debe buscarse nun ámbito máis amplio, nun planeamento que vertebre harmonicamente a vocación territorial e o interese xeral da comarca. Cónstanos un certo interese do Concello para cumprir o mandato de maio do ano pasado -redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal nun prazo de nove meses que remata a finais deste mes de febreiro-, pero cecais non puxo a dilixencia debida para que nese prazo estivese formulado, polo menos, o avance do Plan Xeral. Este descoido provoca agora o uso pola Administración autonómica dos instrumentos legais que ten na súa man para conseguir unha correcta ordenación do territorio, cousa que tamén prexudica a aqueles arquitectos que se encontran con traballos feitos e non poden tramitalos para a súa posterior licencia. CARLOS ALMUÍÑA DÍAZ é arquitecto