Fin de etapa nos Camiños Teatrais

REDACCIÓN SANTIAGO

SANTIAGO

ÁLVARO BALLESTEROS

A media de espectadores por función xustificaría que o Salón Teatro fose un referente só teatral

20 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

O Centro Dramático de Viana do Castelo pechou no Salón Teatro a segunda edición dos Camiños Teatrais entre Galicia e o Norte de Portugal, unha das inicitivas culturais de máis calado entre ambos países, porque non se limita a programar espectáculos de compañías, senón que implica a colaboración de profesionais dun e doutro lado do Miño nas produccións dos centos de titularidade pública. A media entrada rexistrada nas seis funcións destes encontros debería facer pensar ós responsables do CDG en dedicar o Salón Teatro a sede exclusiva da compañía de teatro institucional, e facer desta sala un referente teatral inequívoco para o público, esquecéndose de dedicala a usos artísticos múltiples, como se fose un caixón de sastre. A capital galega necesita un teatro estable, cunha liña de programación clara e orientada a ofrecer produccións propias, de intercambios e colaboracións.