CONCHA PINO EL CRONÓMETRO Carlos Villanueva, director do grupo In Itinere
10 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.A música sempre se crea a partires de sentimentos. Así nace Campá da lúa (Cancións para os sonos dun fillo), o novo disco do grupo de cámara da Universidade de Santiago, In Itinere, que presentan esta noite nun concerto no Auditorio do Campus Sur. Carlos Villanueva, catedrático de Música da USC e director deste grupo de música antiga, é tamén o autor dos arranxos. -¿A que se debe a novidade dun disco de nanas? -Dende o ano 96, cando grabamos o disco In Itínere, que era de música folk, intentemos facer un disco de cancións para nenos, para que as cantaran os nenos. Pero aquel proxecto foi quedando aparcado ate o de agora, que sale adiante entre outras cousas porque teño un fillo pequeno e cántolle as miñas cancións. -¿Son cancións antigas, do repertorio tradicional? -Algunhas son cancións de berce tradicionais noruegas, alemanas e unha vasca. As outras son uns poemas deliciosos en galego de Helena Villar e tres en castelán de Tina Escaja con música composta por min mesmo, e noutros casos tradicional con arranxos. Estes poemas foron os que me fixeron mudar a idea inicial que manexaba de facer cancións para que cantasen os nenos. -¿Como encaixa esto na traxectoria do grupo? -O grupo incorporou o folk no 95 como unha liña que implica unha formación distinta dentro do propio grupo de cámara, contando con outros instrumentistas. É unha liña que nunca perdemos e que entendo que retomamos neste traballo. -¿Cantos discos suman con este para nenos? -Será o décimo, porque a gravación non se fará ate dentro duns meses. No vindeiro. coincidindo co 25 aniversario do grupo, gravaremos outro disco dedicado á música barroca compostelana.