TERESA FERRO MI CALLE
29 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.«¿Como? (cara de sorpresa). Camallóns. ¿E iso queda en Santiago?. Si. ¿Onde?. Pois polas Casas Novas». Seguro que máis dun veciño desta rúa ten que responder a este cuestionario cando dá o seu enderezo ante calquera establecimento ou organismo. Eu xa sei dalgún caso no que nunha entidade bancaria, logo de obter resposta a tal enquérito, tomaba nota dicindo que non sabería se tería tal rúa na súa base de datos. Pero si a tiña. O nome non é doado, pero tampouco responde a unha invención de última hora. Forma parte da historia do país, desa que o progreso vai engulindo. E é que os camallóns practicamente teñen desaparecido do panorama galego. Polo menos nunha das tres acepcións que recolle X.L. Franco Grande no seu diccionario Galego-Castelán e que, con probabilidade, é a que lle deu nome a esta rúa. Polo menos eso se pode deducir se se atende ó carro instalado no parque que marca o inicio deste vial e que leva o seu nome. Esa acepción identifica os camallóns como a terra das corredoiras que queda entre as rilleiras formadas polas rodas dos carros. A rúa, como o seu nome, non é nada comercial nin é referencia para o turismo. Pero si se presta para os paseos ó pé do Pedroso. E tamén é parte desta cidade. redac.santiago@lavoz.com