Raxoi salienta o seu compromiso co idioma

REDACCIÓN SANTIAGO

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

Unha ampla representación da cidade asistiu á recepción institucional no pazo municipal

16 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

O alcalde de Santiago lembrou onte a traxectoria do Concello de Santiago no seu compromiso co idioma galego e coa autonomía do país. Sánchez Bugallo citou os traballos nas décadas dos anos vinte e trinta, así como os compromisos desde o ano 1985 para promocionar o galego como lingua oficial da administración local. Desde 1988 está declarado como idioma oficial e de uso preferente na corporación. O alcalde fixo estas manifestacións na recepción institucional que ofreceu o Concello con motivo das Letras Galegas. Asistiu unha ampla representación de escritores, intelectuales, docentes, libreiros, asociacións culturais e veciñais así como profesionais da sanidade e doutros ámbitos. Bugallo defendeu a recuperación dos lazos co norte de Portugal e que o galego pode ser un instrumento útil para a relación con outras comunidades. Na recepción estaban representados os tres grupos municipais, e interviu tamén o relator de Normalización Lingüística, Manuel Portas, quen salientou que a sociedade de Santiago estaba «máis que dignamente representada» no acto e defendeu o «sano orgullo para usar o idioma e vivir normalmente en galego». Portas animou ós presentes a asumir a normalización como algo propio e a traballar por ela.