O CDG estrea mañá no Salón Teatro «Calígula», de Camus

C.P. SANTIAGO

SANTIAGO

O Centro Dramático Galego estrea mañá no Salón Teatro Calígula, a primeira producción da temporada 2000-2001 da compañía institucional. O director do CDG, Manuel Guede, e o responsable da adaptación, dramaturxia e a dirección do Calígula de Albert Camus, que o director ourensano confía que «contribúa a enriquece-la nosa lingua e a nosa escea».

30 oct 2000 . Actualizado a las 06:00 h.

O actor Antonio Durán «Morris» interpreta ó príncipe Calígula, e a actriz Elina Luaces á súa irmá e amante Drusila. O reparto complétase cun elenco integrado por Manuel Olveira «Pico», Miguel Pernas, Artur Trillo, Alfonso Agra, Gonzalo Uriarte, Manuel Pombal, Juan Luis Tarrío, Manuel Botana, Moisés Morales, María Couto, Toño Casais, Francisco Lestón e a voz en off de Luz Tellería. A obra, con escenografía do arquitecto Iago Seara e vestiario do modisto Antonio Pernas, é fiel ó texto de Camus. É a traxedia de quen se rebela contra o destino, «que consente en morrer _explicara Camus_ por ter comprendido que ningún ser pode salvarse só e que non se pode ser libre contra os outros homes». A única licencia é decir nación ou país donde di Roma. A obra estará en cartel en Santiago ata o 10 de decembro, de mércores a domingos, cun prezo único da entrada a mil pesetas, agás reduccións.