«O conselleiro ten olvidada a Compostela»

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

MARGA MOSTEIRO A ENTREVISTA Xosé Manuel Iglesias, concelleiro de Educación en Santiago Ante o inicio do curso escolar nos primeiros niveis do ensino obrigatorio, o edil de Educación do Concello de Santiago, Xosé Manuel Iglesias, analiza algunhas das asignaturas pendentes na rede da oferta educativa de Compostela; así como os datos provisionais da matrícula escolar. A creación de centros de educación de réxime especial, o incremento da oferta de ciclos formativos e obras de restauración na maioría dos colexios públicos son as tres demandas básicas do Concello de Santiago á Consellería de Educación. Este curso comenza a funcionar nos centros públicos a rede de comedores escolares públicos.

11 sep 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

Só quedan uns días para o inicio do curso escolar nos centros de ensino da cidade. Xosé Manuel Iglesias, concelleiro de Educación de Santiago, considera que a rede compostelana está «en moi boas condicións», pero reclama que a Consellería de Educación afronte un proxecto de restauración. _¿Como están os centros de Santiago? _As estructuras dos centros de Santiago son de tal categoría que incluso resisten deficiencias importantes; como os problemas ca rede de saneamento do Apóstolo Santiago ou a cuberta do Lamas de Abade. Éstas son as máis urxentes, pero noutros centros hai outras cuestións pendentes. _¿Hai orzamento para as obras máis urxentes? _Non están presupuestadas aínda que hai un compromiso co delegado de Educación para afronta-la obra do Lamas de Abade cara o próximo exercicio. A Consellería tén que incluir a rede de Santiago nos proxectos de reparacións e melloras. A Xunta, nesta lexislatura, non invirtiu nada na rede de Santiago. O conselleiro tén olvidada a cidade; Santiago está borrada das prioridades da Consellería de Educación. _Dedúcese das súas verbas que as relacións do Concello coa Consellería pasan tempos tormentosos. _Eu teño cordiais relacións co delegado de Educación e co grupo municipal do PP; pero non entendo que o conselleiro de Educación non se teña reunido en serio co responsable en Educación de Santiago. E non me chega con que tomará un café conmigo e co alcalde. Eu traballo nos despachos.