A Rede de Teatros chega ata decembro a trinta concellos

REDACCIÓN SANTIAGO

SANTIAGO

A programación suma 188 produccións a cargo de 49 grupos e compañías A Rede Galega de Teatros e Auditorios ten progranadas ata finais de ano 188 funcións teatrais e musicais en trinta concellos de toda Galicia, entre eles os das sete principais cidades e vilas importantes. Neste circuíto van participar grupos e compañías que obtiveron as axudas á distribución de espectáculos da Consellería de Cultura a través do Igaem (Instituto galego das artes escénicas e musicais).

30 jun 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

As 188 funcións previstas vanse desenvolver entre xullo e decembro por un total de 49 compañías artísticas, catro delas de fóra de Galicia. A programación inclue espectáculos de teatro de autor, títeres, danza e recitais musicais. Este programa está financiado pola Xunta de Galicia nun 50% e o resto polos concellos implicados, que son os de A Coruña, Ferrol, Narón, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Betanzos, Boiro, Carballo, Cariño, Cee, Culleredo, Muros, Oleiros, Ortigueira, As Pontes, Burela, Monforte, Ribadeo, O Barco, Pobra de Trives, Ribadavia, Cambados, Cangas do Morrazo, Vilalba, Arteixo e San Sadurniño. As compañías galegas que van participar coas últimas produccións son Manivela, Xacarandaina, Espello Cóncavo, Os Quinquilláns, Teatro do Atlántico, Artello, Alla Scala, Sarabela, Ollomoltranvía, Teatro do Aquí, Librescena, Viravolta Títeres, Talía, Títeres Cachirulo, Uvegá, Títeres Falcatrúa, Danthea, Teatro Buratini, Mofa e Befa, Teatro do Noroeste, Títeres Trompicallo, Teatro do Morcego, Teatro da Lúa, Teatro de Ningures, Casahamlet, Espello Concavo, Matarile, Balea Branca, Áncora, Alalá, Tanxarina, Máscara, Rara Avis, Os Contracontos, Chévere, Ofelia Nieto, Pífano, Monicreques, Migallas, Galería e a compañía de Danza Druída.