A satisfacción do deber cumplido

Ofelia Cacho Iglesias

AL SOL

28 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Fiuncho, un pequeno can mestizo castano e branco. Mais o seu amigo Azabache, un gatiño negro de ollos verdes. Agardaban deitados debaixo dunha maceira a chegada de Ofelia, a humana coa que vivían, coa satisfacción do deber cumprido.

A verdade é que na última media hora estiveran traballando arreo. Primeiro Fiuncho vira un pequeno lagarto correndo cara as hortensias, así que lanzárase na súa persecución e non parara ata facelo fuxir para a leira dos veciños.

Costáralle traballo, de feito fixera un bo burato na súa procura, boa parte das hortensias quedaran coas raíces desenterradas e algunhas polas rotas pero fixera batirse en retirada ó lagarto. En canto a Azabache, divisara unha peja no cordel onde estaba a roupa tendida e, en canto a viu, non dubidou en espantala.

Para iso tivera que engancharse nas sábanas e toallas alí tendidas intentando pillar a peja. Parte da roupa quedara tirada pola herba pero o paxaro marchara voando. Cando sentiro que se abría o cancelo os dou se incorporaron e Fiunchocomezou a darlle ó rabo. Non sabían como o averiguaba pero seguro que Ofelia se daba conta de que espantaran ó lagarto e mais á peja.

Como recompensa seguro que se poñería a xogar on eles perseguíndoos coa escoba por toda a eira. Tanto a Fiuncho como a Azabache gustáballes cando Ofelia lles facía alumiños rañándolle detrás das orellas ou dándolle fregas na barriga. Pero, sen dúbida, o mais divertido era cando corría atrás deles coa escoba pola eira adiante.

Ofelia Cacho Iglesias. Costureira xubilada. 71 anos. Boqueixón.