Ámbalas as dúas naceron no mesmo ano, vivían no mesmo barrio e compartiran pupitre no mesmo colexio e instituto, onde estableceron unha intima amizade.
Alicia era alta ben parecida un pouco cargada de peso, ambiciosa, dotada de gran capacidade comunicativa para as relacións sociais e moi tenaz para conseguir os seus obxectivos. Marta era miúda cunha figura e corpo moi ben proporcionado, algo introvertida, suspicaz, alta capacidade intelectual e moi sensible aos problemas sociais. Superado o Acceso a Universidade, elixiron camiños distintos, Alicia matriculouse na facultade de Económicas i Empresariais e Marta en Psicoloxía.
Ainda que no ámbito educativa estaban separadas fisicamente, seguían mantendo íntima amizade, xuntándose o tempo de lecer nos seus enderezos e lugares de alterne. Alicia aspiraba a un estatus social alto coa posesión de bens materiais como obxectivo do seu futuro porvir.
Marta desexaba desenrolarse como persoa e prescindir das cousas materiais que a escravizaran.. Rematadas as carreiras, Alicia optou por empregada de banca i ocupar cargos de responsabilidade que lle ocupaban a xornada laboral e parte do tempo libre, polo que sempre estaba estresada, mercou un piso na cidade e unha casa nas aforas da mesma, un coche de alta gama i andaba sempre rascando os petos.
Marta, estableceu unha consulta de psicoloxía que ademais de como medio de subsistencia a gratificaba tratar de resolver os problemas da súa clientela. Como acción creativa escribía poemas. Vivía nun apartamento da periferia urbana, tiña un vehículo utilitario e desfrutaba con todo o que facía.
Alicia era vítima das súas posesións materiais e Marta unha privilexiada do seu desenrolo como persoa.
José Docando Valiño. Xubilado. 74 años. A Coruña.