A realidade e a dicción

Charo Castro Casas

RELATOS DE VERÁN

09 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Suscribírase á edición especial na que ían contando a lenda dos cabaleiros de pedra. Xa case rematara o conto, dispúxose a agardar: chegáballe nunha horiña ou así. Foi cara á biblioteca,non foi quen de entrar porque seguía baleira, sen libros. Colleu corredor adiante, polo entrada había… sentou diante do ordenador, preto da ventá que daba ó patio ?a conexión de internet…, no departamento do lado estaba desencaracolado o selo da toma; esta vez non eraiso… -, volveu sentar, sen rede. Ollou o reloxio, xa faltaba menos, suspirou. Pechou o cartafol,cheo de letras en fuga. Baixou tomar un café, (bos días) na mesa ocupada ruxiu unha cadeira atónica: era a das notas superiores. Na mesa libre. Isto… aquí, o café con azucre se acaso, o silencio na bafarada que ía tinxindo a pel do bolso de verbas quebradas… Ruxiu una taza de café ó darlle as costas na barra, cunha asa medrada de motivos invisibles, e volveu ruxir coma una botella de Johnnie Walker esganando o tapón con palabras puxándose. Volveu probar o café, xa valía… un grolo, outro, e xa… Déixoche xusto: 1,20. Ollou o reloxo. Agora… tocaba garda. Como seguiría o conto? Era una historia terrible, a vida de Estela dependía de dous parágrafos de verbas escollidas. Decidiu argallar uns parágrafos deseu, mentres vixiaba a entrada. ‘Estela erguíase da randeeira para buscar no cofre agochado naescaleira, atopaba un amuleto de moitas cores engarzado en coiro, e pensaba en sorprender óseu home pondo de colar aquela reliquia. Cando Flint subira do soto, diríalle que fechase ben a casa, para protexerse en Halloween dos famosos cabaleiros malvados. Tomou un té de herbas aromáticas cun bolo de manteiga, sentou no diván e quedou durmida'. O novo capítulo chegoulle ó correo. Coincidía en moito co que ela escribira: o home voltou da misa e atopou a casa coma que fora invadida, con obxectos polo chan, a randeeira de Estela rota. Estela! Veuna durmindo no diván. Había un cadro novo con dous cabaleiros, un cun colar de cores na man. ‘Desculpa', escoitou, ‘concedéronche a licenza', e soupo que tiña que marchar.

Charo Castro Casas. Profesora. 50 anos. A Coruña.