Para comprender o que ven despois hai que facer a composición de tempo e lugar.Ano 1957.Aldea da beiramar da Ría da Arousa. Veciños uns 20 .Distribuidos en dous nucleos:O Rueiro e Trras das Eiras. Desde sempre había familias que estaban a mal e non se falaban en ámbolos dous grupos de poboación. O curioso era que na mesma familia un dos paí,s ou os dous, estaban a mal e os irmáns,uns si e outros non,igual. Cando un alleo preguntaba o porqué respondían que desde sempre que eran cousas deles. Nese verán era costume que os rapaces, polas horas centrais do día,despois de comer, os mandasen a durmir. Pero ese verán por varias veces algún veciño ou veciña viña avisar polas portas que Amanda de Patrona e Rosa de Romaris estaban a berrar tras do agriño.Entón os meniños saltábamos da cama como lóstregos e no redondel que formaban as protagonistas e os miróns ou mironas,sentabámonos os pequerechos como se fose una obra de teatro.Empezaba a función.¿Por qué me chamastes ladra? E logo non che veu a Manoliña apañando os primeiros chícharos na miña leira da revolta pola mañanciña cedo? E ti faslle caso a esa bruxa que se deita co home da túa tía? A miña tía non lle faltes que é mais honrada ca tua .Anda que a tua nai que lle pague os ovos que lle foi pedir para levarllos ao San Benitiño de Cespón para que lle sandasen as verrugas e a lambona cameunos e ainda llos debe. O día que foi ao santo ninguén a veu poñéndoos na cesta do santo.Os que presenciaban a liorta tamén interviñan. Amanda, lembralle a Patrona o que me dixo cando viñamos do Nazareno da Pobra.Que ti eres una fulana que andas con calquera que che faga as veiras Pero dixeste eso?.Négao agora mesmo e non me fagas falar.
Cando pasaba algún tempo e calaban as protagonistas o público metiase coa que andivera avisando polas casas .Matilde e para esto nos avisas? Entón sacaba una letanía de temas para que a función continuase:Amanda, Chámalle pufenta e que che diga canto lle debe a taberneira.Que lle pague ao canteiro a lápida do camposanto.Que lle devolva a vaixela que lle prestaron as curmáns e se lle quedou coa metade das pezas…
Os meniños, como non se podía sair do cuarto, estábamos esperando naqueles veráns que se facían eternos que mais dos que estaban a mal se puxesen a berrar.
Rafael García Ramos. Xubilado. 76 anos. Cambre.