Soidades de rosada

María Calvar Giráldez

AL SOL

09 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Á vista de toda a cidade, no medio da praza principal e rodeada de árbores verdes, arbustos recortados e fermosas flores de cores, existira desde sempre unha estatua dunha delicada muller que choraba desde a eternidade. Aínda que parecía inmóbil e pasaba desapercibida para os viandantes, non sempre fora deste xeito: «Nun frío día, facía xa longos invernos, unha moza feita de sentimentos prometera amor eterno e regalara o seu corazón. Xurou esperar alí sentada ata volver atoparse coa persoa a quen amaba, mais ese día nunca chegou. A xeada e a neve propias do inverno, comezaron a caer sobre ela mentres as bágoas brotaban dos seus ollos ata que, despois dun primeiro inverno esperando, se converteu nunha estatua de xeo que, a día de hoxe, chora sen que ninguén se acorde dela».

María Calvar Giráldez. Estudante. 15 anos. Pontevedra.