O Parador de Pontevedra súmase aos escenarios de Sete Falares

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Xacobe Rodríguez e Tareixa Alonso, de Pavís Pavós, presentaron o programa de Sete Falares có concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez
Xacobe Rodríguez e Tareixa Alonso, de Pavís Pavós, presentaron o programa de Sete Falares có concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez CONCELLO DE PONTEVEDRA

O Encontro Internacional de Contadores de Historias terá lugar do 2 ao 8 de xuño 

20 may 2024 . Actualizado a las 18:02 h.

O Teatro Principal, O Teatro Principal, as Ruínas de San Domingos, o CITA e, por primeira vez, o Parador de Pontevedra serán os escenarios do encontro internacional de contadores de historias Sete Falares. O evento terá lugar do 2 ao 8 de xuño e reunirá na cidade a narradores de Arxentina, Portugal, Galicia, Canarias ou Castela E León.

O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, subliñou que Sete Falares alcanza neste ano a súa edición número 12 e deu conta de parte do programa: ao xa anunciado espectáculo inaugural a cargo de Celso Fernández, Quico Cadaval e Guti, súmanse contadores de historias coma Rodolfo Castro, Cris de Caldas, Vítor Fernandes, Estefânia Surreira, Ernesto Abad e Cándido Pazó.

Xacobe Rodríguez, de Pavís Pavós, compañía que organiza o encontro, Xacobe Rodríguez, destacou o labor de manter a tradición da narración oral. «Todos temos na cabeza os contos arredor do lume, os contos na lareira, arredor da cociña de leña na que os máis vellos contaban historias —sinalou—. Para nós é moi importante isto, a recollida da tradición oral, unha sociedade que conserva a súa tradición oral, as súas historias conserva a súa memoria».

As entradas para as sesións de pago —a inauguración e a clausura— están á venda en ataquilla.com, e o programa completo pódese consultar en setefalares.eu.

Domingo 2 xuño

20:00 h Inauguración no Teatro Principal

Tres vellas na romaría (Celso Fernández, José Luís Gutiérrez “Guti” e Quico Cadaval)

Entradas 8 euros en Ataquilla.com

 

Luns, 3 xuño

20:00h nas Ruínas de San Domingos - Atenea García (Galiza)

 

Martes, 4 xuño

20:00h nas Ruínas de San Domingos - Dani Blanco (Galiza)

 

Mércores, 5 xuño

20:00h Ruínas de San Domingos - Cándido Pazó (Galiza)

 

Xoves, 6 xuño

20:00h Teatro Principal

Tres eran tres…: Dois dos Montes:Vítor Fernandes e Estefânia Surreira (Portugal) e Rodolfo Castro

(Arxentina))

22:00h Ruínas de San Domingos

De dous en dous: Ernesto Abad (Canarias) e Cándido Pazó (Galiza)

 

Venres, 7 xuño

18:00h CITA - Ernesto Abad (Canarias)

21:00h, 21.20h, 21.40h, 22.00h. Rota de historias por Pontevedra:

En 4 grupos de 50 persoas ás horas sinaladas, percorreremos puntos emblemáticos da cidade mentres escoitamos historias. Gozaremos coas historias de Pavís Pavós, Rodolfo Castro, Cris de Caldas, Dois dos Montes:Vítor Fernandes e Estefânia Surreira, Ernesto Abad e Cándido Pazó

As invitacións poderán recollerse na billeteira do Teatro Principal de Pontevedra desde as 20.30 h para calquera das funcións.

 

Sábado 8 xuño

13,00h Parador de Turismo: Casa do Barón - Contos no Parador con Rodolfo Castro

18:00h CITA - Os dois dos montes: Vítor Fernandes e Estefânia Surreira

21:00h Teatro Principal - Gala de Clausura con: Cris de Caldas, Dois dos Montes:Vítor Fernandes e Estefânia Surreira, Rodolfo Castro, Ernesto Abad e Cándido Pazó. Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8€