As festas de Lérez, en branco e negro


Dicía o autor de O paxaro azul, o nobel belga Maurice Maeterlinck, que «o pasado sempre está presente». Trátase dun axioma que facilmente podería aplicarse a mostra que, impulsada pola Asociación Sociocultural Cedofeita, se desenvolve no mosteiro de Lérez e que leva por título De troulas e devocións. Festas populares de Lérez.

A mostra, a través de fotografías en branco e negro, así como de textos e documentos, achega ao visitante ás festas que se celebraron nesta parroquia pontevedresa entre os séculos XIX e XXI. Trátase dun ciclo festivo que se abre coa festa adicada a san Sebastián, ao tempo a exposición recupera para a memoria eventos, moitos deles xa perdidos, como o enterro da sardiña.

A mostra destaca que a única festa popular aínda viva actualmente é a de san Bieito, que se celebra dúas veces o ano. Co devagar do tempo perdéronse, entre outras, as adicadas ao Divino Salvador, que estes días se celebran en Poio, e das que queda como recordo o programa da edición do 2014, ano no que La Torre e París de Oza foron as últimas orquestras que amenizaron esta festividade: «A partir dos anos setenta do século pasado, a xuventude comezou a preferir outras diversións -discotecas, pubs, concertos...- e progresivamente deixáronlle de interesarlle as festas patronais».

De troulas e devocións dedica, de igual modo, un espazo ao Burgo, que no 1996 naceu como parroquia e que, polo tanto, mantén «vencellos históricos» con Lérez.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

As festas de Lérez, en branco e negro