Baixa das bestas

La Voz

MORAÑA

AMIL (MORAÑA) | TODO O DÍA

14 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A parroquia de Amil (Moraña) celebra o día central da festa da baixa das bestas. Dende primeiras horas da mañá unha banda de gaitas amenizarán a xornada. A partir das 11 horas guiaranse ós cabalos ó curro onde entrarán ó mediodía. Pola tarde iniciarase a rapa, e ás 19 horas sortearase unha poldra. Ó rematar a rapa devolveranse ós cabalos ó monte.