NA ÚLTIMA | O |
13 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.HAI DELINCUENTES que debían gañar o indulto automático. Por suposto, habería que estabrecer certas regras. Nunha ocasión, un compañeiro comentou que os estafadores non debían ir ao cárcere. Sostiña que se os timados non foran o suficientemente pillos como para detectar que estaban sendo víctimas, esa era proba suficiente de que o timador fixera ben o seu traballo. Referíase sobre todo a casos como o da estampiña, que, como se sabe, ten a avaricia do timado como mellor aliado para que este non vexa o que de verdade está a pasar. A proposta que se fai aquí ía máis encamiñada para o grupo dos simpáticos. Como eses que andiveron pintando a mona por Moraña roubando tendas. Primerio recibiron unha maceta que lles lanzou un veciño ao teito do seu coche para espantalos. Pero o que de verdade lles podería valer o indulto foi a troco que fixeron en Pontecesures. Entraron a roubar nun estanco, pero deixaron a cambio dentro un hámster e un loro. Da maceta aínda non se sabe nada.