Marín rende tributo aos Cantos de Taberna

Alfredo López Penide
L. Penide MARÍN / LA VOZ

MARÍN

A partires das nove da noite, os Saljariteir@s estarán polos Bares Freixo, Construmar, A Mouta e a Huerta de la Abuela

17 feb 2023 . Actualizado a las 01:31 h.

Esta noite, a partires das 21 horas, os Cantos de Taberna coparán o protagonismo en Marín da man do Saljariteir@s, que organizan esta cita en colaboración con Concello. Deste xeito, teñen previsto deixarse caer polos Bares Freixo, Construmar, A Mouta e a Huerta de la Abuela, negocios que se ubican todos eles detras da casa consistorial de Marin.

A intención dos Saljariteir@s é que, tanto eles como Os Ke Hai da Estrada, toquen preto de media hora en cada un dos locais. Dende a organización, dadas estas datas, pediron aos veciños e visitantes que veñan disfrazados «para ir quentando os motores do entroido».