O SonRías Baixas de Bueu celebrará o seu vinte aniversario do 3 ao 5 de agosto

Alfredo López Penide
López Penide BUEU / LA VOZ

BUEU

Dende a promotora PlayPlan Cultural confirmaron, por outra banda, que a venda de abonos estará dispoñible desde o martes 21 de febreiro

15 feb 2023 . Actualizado a las 18:16 h.

A edición deste ano do festival SonRías Baixas de Bueu, que está marcada neste 2023 polo seu 20 aniversario, desenvolverase entre o 3 e o 5 de agosto apostando, un ano máis, pola unión da música en directo, a gastronomía, o ambiente de praia e a natureza. O evento, organizado pola promotora PlayPlan Cultural, reuniu o ano pasado o seu maior número de asistentes ata a data -22.230 persoas-, dará a coñecer o seu cartel o vindeiro venres, 17 de febreiro.

Posicionado xa como unha das citas musicais imprescindibles do verán en Galicia e como un festival que aposta tanto por bandas consolidadadas como emerxentes e para todos os públicos, este ano voltará a ofrecer o espírito SonRías nun marco de convivencia máxica entre artistas, público e habitantes da comarca. Tras a pasada edición, o impacto económico na zona superou os 1,75 millóns de euros, favorecendo a economía local e avogando por un modelo de festival responsable, sostible e de futuro, engadiron dende PlayPlan Cultural.

Por outra banda, confirmaron que a venda de abonos estará dispoñible desde o próximo martes 21 de febreiro na web oficial do festival www.sonriasbaixas.info.