A Premio Planeta con Victoria inaugurou o ciclo Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes
28 feb 2026 . Actualizado a las 17:56 h.A escritora Paloma Sánchez-Garnica inaugurou a terceira edición de Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes cunha conversa coa xornalista María Varela na que falou dos seus libros, da súas experiencias e resolveu as dúbidas e preguntas do público,que abarrotou o salón de plenos da Deputación de Pontevedra.
O deputado de Cultura, Jorge Cubela, non dubidou á hora de recoñecer a «sorte» de contar coa presenza da Premio Planeta, «cuxa traxectoria literaria convértea nunha das voces máis destacadas do panorama actual, e cuxa capacidade para tecer historias que nos interpelan e nos conmoven é unha mostra clara da forza que teñen os libros para conectar xeracións».
Dende a Deputación de Pontevedra destacaron que, nada en Madrid no 1962, Sánchez-Garnica é unha prestixios autora de novelas de xénero histórico nas que mestura thriller e misterio e combina pasado e presente: «No 2024 gañou o Premio Planeta con Victoria, e antes xa fora finalista no 2021 con Últimos días en Berlín».
Na súa intervención, Jorge Cubela aproveitou para lembrar a importancia da cultura «como eixo vertebrador do territorio, como ferramenta de cohesión social e como motor de desenvolvemento», ao tempo que reafirmou o compromiso da Deputación de Pontevedra coas súas múltiples formas de expresión, «porque sabemos que apostar, neste caso, pola literatura e pola mocidade é investir nunha provincia máis crítica, máis creativa e máis libre».