Daniel Domínguez traslada a súa arte ecléctica ao Palacete das Mendoza

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

O artista exporá «Miscelánea» ata o 15 de marzo

27 feb 2026 . Actualizado a las 10:18 h.

Ata o 15 de marzo, o Palacete das Mendoza acolle a exposición Miscelánea, onde o pintor Daniel Domínguez «aposta por unha gran diversidade de estilos nos seus cadros, que beben de correntes das vangardas históricas como o cubismo, o impresionismo e a abstracción», destaca Antón Sobral. Pola súa banda dende a Deputación de Pontevedra engaden que «asume a vontade de non ter unha unidade ou unha identidade única como unha formulación persoal».

De feito, Antón Sobral engade que «esta vontade de non ter unha unidade ou unha identidade é un prantexamento persoal do artista», ao tempo que resalta que Daniel Domínguez «ten un gran dominio da técnica. Un preciso debuxo acompañado dun sentido da cor moi persoal». Así, nas obras expostas obsérvanse «cores alegres e sobre todo harmoniosas», de tal xeito, segundo apunta Sobral, «o artista sabe o que fai», ao tempo que ofrece ao espectador «a oportunidade de que escollamos cal dos diferentes estilos nos agrada máis. Estamos diante dunha actitude ecléctica onde se concilian ideas, temas de distintos tipos e procedencias».