O Salón do Libro de Pontevedra homenaxeará a Luz Gallego, Nenuca, e Manuel Bragado

Alfredo López Penide
L. PEnide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

SERGIO SUEIRO

O acto terá lugar o vinderio 21 de marzo

28 ene 2026 . Actualizado a las 17:11 h.

O vindeiro 21 de marzo, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra homenaxeará a Luz Gallego, Nenuca, da Libraría Seijas, e o editor Manuel Bragado. Demetrio Gómez, concelleiro de Cultura, precisou que, aínda que o habitual era honrar a escritores, «xa o ano pasado abrimos o foco á tradución porque o libro é algo moito máis amplo que o traballo dunha única persoa escribindo ou que desfruta unha única persoa lendo o seu libro. É moito máis. Hai toda unha cadea de traballo que probablemente comece nas editoriais e remate nas librarías».

No caso de Nenuca, destacou o feito de que «conseguiu transformar unha papelería e unha librería e unha papelería case técnica nunha librería de referencia». Na súa persoa quérese homenaxear aquelas «librarías que recomendan, que poden escoller por nós, que son quen de escolmar entre esa morea inmensa de títulos, ese mar no que a veces nos perdemos, ese traballo previo», pero tamén «as prescriptoras que recomendan con criterio».

SERGIO SUEIRO

De igual xeito, Gómez salientou que «organizou a feira do libro», así como que «colaborou no Salón practicamente desde o primeiro día».

Se Luz Gallego está no extremo final desa cadea á que aludía o edil de Cultura, no outro estaría a figura do editor, que neste caso simboliza na figura de Manuel Bragado, quen ademais é autor do libro Dona Carme, que ven de ser un dos vinte títulos premiados pola Fundación Cuatrogatos de Miami. «É case que imposíbel. resumir o que este home leva feito como editor, como mestre, implicado en todos os movementos pedagóxicos ou, incluso, como activista cultural», incidiu Demetrio Gómez citando a catro autores —Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz, Xavier Docampo e Ledicia Costas— que foron editados polo pontevedrés.