Maruxa dos Rosales será a encargada do pregón dende o Mercado de Abastos
17 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Cun pasarrúas dende a praza de España ás 12 horas baixo o lema Orgullo Gaiteirx arrancará este sábado a romaría de San Sebastián que recupera a asociación Polavila. Ao longo de toda a xornada, o Mercado de Abastos de Pontevedra será o epicentro deste evento no que Maruxa dos Rosales (13.00 horas) será a encargada de ler o pregón, mentres que a charanga Boavila ocuparase de amenizar a sesión vermú unha hora máis tarde.
Ademais, haberá actuacións de O Son das Corbaceiras (16.30 h.), O Son do Peto (17.00 h.), Pandeireteiras do Gorgullón (19.00 h.), Celme (19.30 h.) ou Morenos Peludos (20.15), así como se desenvolverá unha mostra de folclore a cargo de Donaire (18.00 h) e un concerto de Comando Curuxás (21.00 h.). E como remate, dende as 22.30 horas, unha foliada aberta.