Pontevedra acolle o encontro do Foro da muller e o benestar na peri e menopausa-Momento Calma

PONTEVEDRA

CONCELLO DE PONTEVEDRA

29 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Foro da muller e o benestar na peri e menopausa-Momento Calma reunirá, a partires das 10.30 horas no Teatro Principal, a 375 mulleres que procuran información, rigor profesional e acompañamento nesta etapa.

«É un foro con punto de vista feminista», resaltou a concelleira Anabel Gulías durante a presentación do evento, ao tempo que precisou que «durante moito tempo os temas que teñen que ver coa saúde das mulleres estiveron infra-valorados, minusvalorados e, mesmo ás veces, ridiculizados». Momento Calma será unha intensa xornada de mañá e tarde que incluirá once relatorios técnicos con especialistas e unha mesa redonda de experiencias.