Arranca a inscripción para as audicións de Xeración Sónica

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

LÓPEZ PENIDE

15 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Este xoves, a través da web Apuntate.pontevedra.gal, arranca o prazo para inscribirse nas audicións dunha nova edición do proxecto Xeración Sónica, que, segundo destacou o concelleiro Demetrio Gómez, «forma parte do ciclo formativo arredor do rock and roll que temos no Concello de Pontevedra. Empezamos con Rock Lab, continuamos con Xeración Sónica e logo, xa dunha forma un pouco máis libre ou menos organizada, no Local de Música, onde a formación é dunha forma diferente posto que os rapaces xa están noutra etapa da súa vida».

Xeración Sónica está destinado a rapaces de entre 13 e 16 anos e oferta trinta prazas, algunhas das cales están ocupadas por participantes das edicións previas. Álex Gayoso precisou que nas audicións, que serán o 6 de novembro, «os docentes e os coordinadores de actividades decidimos o encaixe, tentamos buscar un encaixe de perfís para que os proxectos poidan funcionar mellor». «Creo que nunca quedou ninguén fora. Intentamos que entre todo o mundo», acotou, pola súa banda, Violeta Mosquera.

Deste xeito, Xeración Sónica configurase nun «un proxecto de titurización de proxectos musicais de adolescentes». Así, na pasada edición contouse cun total de sete proxectos, un deles xa vinculado ao Local de Música e seis «que estaban puramente con nós. Con certos proxectos, unha vez superan a idade na que poden pertencer a Xeración Sónica, pasamos a tutorizar un pouco esa transición para que pasen a ser bandas independentes e que poden traballar no local tendo todavía o noso soporte», explicou Mosquera engadindo que a pasada «foi a edición na que conseguimos ter máis concertos».

Ten claro que a música en directo «é a punta de lanza» de Xeración Sónica, algo no que coincidiu Álex Gayoso: «O que para nós denota o bo estado do proxecto son as sinerxías que se van creando na comunidade».