Relatorio en Pontevedra arredor do libro «Theon, o sobre los dioses», de Julien Courcier

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

ATENEO DE PONTEVEDRA

O Ateneo organiza o mércores esta actividade na libraría Metáfora 

10 feb 2025 . Actualizado a las 15:02 h.

Organizado pola libraría Metáfora, o Ateneo de Pontevedra organiza este mércores (19 horas) neste espazo un relatorio arredor do libro Theon, o sobre los dioses, de Julien Courcier Cortegoso. Na libraría Metáfora, e con entrada libre ata completar cabida, o autor estará acompañado por Pedro José Iturburua Arrizabalaga.

Nado en Pontevedra en 1998, Julien Courcier «dende sempre sente debilidade polas Humanidades, particularmente pola literatura», precisaron dende o Ateneo destacando que «comezou estudos en Filoloxía Clásica, o que lle proporcionou un profundo coñecemento en lingüística, latín e grego». Posteriormente, traballaría como profesor particular especializado en humanidades, creador de contidos dixitais, tradutor de francés e auxiliar técnico educativo nunha casa de acollida.

Neste punto, dende o Ateneo refiren que, «de familia maioritariamente cristiá, participa da Igrexa ata pouco despois de recibir a confirmación. Anos máis tarde de rexeitar a idea de Deus, sómese nunha crise existencial, ao ter que afrontar a totalidade do absurdo», de tal xeito que Theon, o sobre los dioses, editado por Adarve, «é produto de toda aquela dor e un intento, por parte do autor, de axudar a outras persoas ante unha situación similar».