01 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Dende esta fin de semana, os xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco de Marín volven a estar activos despois da importantísima remodelación levada a cabo o pasado ano, confirmaron dende o Concello. Deste xeito, a brigada municipal de Augas puxo en marcha de novo todo o circuíto, que funciona nun ciclo pechado no que a auga se recolle de novo a través dun sumidoiros para ser tratada e filtrada e poder usala de novo nos xogos, evitando o seu despilfarro.
O Concello incidiu na importancia de facer un bo uso dos xogos para que a súa vida útil sexa a máis longa e se eviten problemas de atascos. Está prohibido acceder con animais e instan a recoller os restos de globos de auga.