Gala de clausura do primeiro Festival Cine do Mar de Marín

PONTEVEDRA

CONCELLO DE MARÍN

Hoxe outorgarase a Sardiña de Ouro, Sardiña de Prata, Rodaballo de Ouro e Mención especial

25 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O primeiro Festival Cine do Mar, impulsado pola Asociación Museo do Mar de Marín e o Concello desta localidade, chega ao se fin. Este sábado, ás 19 horas, celebrarase na Biblioteca Municipal Vidal Pazos a gala de clausura, na que se entregarán os premios elixidos por un xurado formado por Diego Santaclara e Diego M. Barcia, de Trece Amarillo, dous representantes do Museo do Mar, Lukas Santiago e Dani Antelo, director do John Balan Fest. Deste xeito, outorgarase a Sardiña de Ouro, Sardiña de Prata, Rodaballo de Ouro e Mención especial, ao tempo que se proxectarán as curtas que resulten gañadoras.

A partires das 20 horas, proxectarase Carpintaría de ribeira. Fasquiando o futuro, de Pablo Carrera e Ramón Collazo.