Celso Fernández Sanmartín e Masha Álvarez, invitados no ciclo «Teñamos a poesía en Paz»

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

E CUIÑA

Ambos autores conversarán sobre os seus respectivos libros «A cousa eterna» e «Dakota»

22 may 2024 . Actualizado a las 23:44 h.

A libraría Paz acolle, a partires das 19.30 horas, unha nova edición do ciclo Teñamos a poesía en Paz coa visita dos poetas Masha Álvarez e Celso Fernández Sanmartín. Ao longo deste evento, que estará presentado pola tamén poetisa Lara Dopazo Ruibal, ambos autores falarán dos seus libros Dakota, da Editorial Galaxia e que foi a obra gañadora na quince edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo 2023, e A cousa eterna, da Editorial Apiario.

No caso de Dakota, o xurado do Victoriano Taibo destacou que «constitúe unha audaz xeopoética do desarraigamento onde se destaca a memoria da infancia, os lazos familiares e os espazos compartidos coas mulleres e homes que a precederon».