O espírito do Nadal invade Pontevedra

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

02 dic 2023 . Actualizado a las 00:21 h.

Co prendido do alumeado de Nadal o pasado mércores en Caldas e o venres en Sanxenxo, Ponte Caldelas, Vilaboa e Marín, así como no pazo da Deputación de Pontevedra, a comarca deu a benvida ao Nadal.

CONCELLO DE MARÍN

Hoxe está previsto que tome o relevo o Concello de Poio, cun acto na praza do Mosteiro ás 18 horas que contará coa presenza de A Fedelleneta DJ e o Tren Máxico, mentres que Pontevedra o retrasará ata o vindeiro martes.

Ramón Leiro

No que respecta ás actividades programadas para hoxe, 2 de decembro, maiores e pequenos poden gozar en Marín da actuación na Alameda de Isla Le Triska, quen «mantén a estética e a liña humorística dos grandes pallasos arxentinos nunha conexión directa co público, na que as falcatruadas agroman a cada pouco», segundo destacan dende Culturactiva.

Ramón Leiro

Pola súa parte, en Sanxenxo programaron, entre as 17 e as 20 horas, a visita do Trasno Fantástico no Porto Deportivo Nauta Sanxenxo. Ademais, na capital turística das Rías Baixas poderase gozar do Ice Park, un espazo con pista de xeo, pista americana de obstáculos, simuladores e actuacións que se ubicará no aparcamento de Nauta Sanxenxo. Esta actividade ten un coste de 7 e 5 euros con posibilidade de bonos para as dúas actividades por 10 euros.

Ramón Leiro

En Caldas arranca a programación de Nadal cunha chocolatada (20 h.) na rúa Souto de María López. Será tamén o pistoletazo de saída tamén de Choconadal, proposta que mistura a música co reparto de balde entre a veciñanza de chocolate e o típico Roscón de Caldas de Reis, que nesta ocasión visitará Reirís -San André- a partir das 21 horas coa programación dunha actuación do Trío Premium.