O músico e cineasta Fermín Muguruza pechará en Pontevedra os relatorios deste mércores da Semana de Filosofía

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Sesión inaugural da Semana Galega de Filosofía
Sesión inaugural da Semana Galega de Filosofía CAPOTILLO

11 abr 2023 . Actualizado a las 18:04 h.

Baixo o título de Filosofía e arte, o Teatro Principal de Pontevedra acolle dende o pasado luns a edición 39 da Semana Galega de Filosofía, iniciativa que desenvolve o Aula Castelao. Deste xeito, tras as intervencións de onte de Miguel Anxo Rodríguez, Iria Ribadomar e Remedios Zafra, Patricia Mayayo, doutora en Historia da Arte pola Universidad Autónoma de Madrid, abordará na quedan de mañá, que se destaca por ter unha maior carga teórica e contido filosófico, o relatorio centrado nos Ecofeminismos, ecoloxías queer e transhumanismos: diálogos entre as prácticas artísticas e a ecoloxía.

Posteriormente, xa na sesión de tarde, caracterizada por temáticas centradas no ámbito de Galicia, outra muller, Sabela Hermida, actriz e doutora en Artes Escénicas, será a encargada de achegar aos asistentes a figura dunha artista universal do mundo do teatro e do cine coa súa conferencia O existencialismo na vida e na creación artística de María Casares. E xa na queda da noite, cun contido máis xeral, con menor carga filosófica, un dos pratos fortes desta Semana Galega de Filosofía, o músico e cineasta Fermin Muguruza, quen centrará a súa intervención no Principal cunha disertación titulada Hai algo aquí que vai mal.

«Queremos reflexionar sobre o papel ou a función que ten a arte na nosa sociedade, ora como produtora de ideoloxías, ora como medio de análise e denuncia», remarcou Alexandre Cendón, presidente da Aula Castelao.