Etiqueta Negra asiste en Pontevedra á deconstrucción do showcooking

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Seguindo a filosofía das catas a cegas, o CIFP Carlos Oroza levou a cabo unha showcooking inversa na feria gourmet

19 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Un xiro de 180 grados aos showcookings tradicionais. Esta for a proposta que o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra levou a Etiqueta Negra como una iniciativa máis dentro do seu proxecto co que levan traballando más dunha década, Para ti, para min e para todos e todas. «Cada ano segue más vivo e vamos ampliando. Consiste en que no Carlos Oroza formamos profesionais na hostalería e turismo para que aprendan, adquiran a ferramentas e as destrezas para atender, asistir, guiar e traballar de forma moi profesional con todo tipo de público», sostivo a profesora Tina Otero na presentación desta iniciativa que terá continuidade nas instalación do propio centro de formación con comidas a cegas o del roteiro por Pontevedra no que os alumnos converteranse en guías de persoas cegas ou con discapacidades visuais.

«É dicir —engadiu Otero—, o noso alumnado é capaz de deseñar información turística para todos os ritmos funcionais e mentais, é capaz de dar servizo e elaborar menús, ofrecer e servir para todos os tipos de persoas, teñan máis o menos visión, audición, mobilidade... Estamos moi orgullosos do proxecto».

ETIQUETA NEGRA

E baixo este concepto, Etiqueta Negra asistiu a una deconstrución do showcookings emulando a unha cata a cegas con elaboracións que ata o momento de ser sacadas ao público eran descoñecidas, incluso, para algúns dos responsables do centro. O CIFP Carlos Oroza tomou a filosofía destas catas, de tal modo que a experiencia foi unha shoowcooking inversa onde primeiro foi a degustación dos preparados e, posteriormente, a súa explicación.

Deste xeito, os participantes cubriron os seus ollos cada vez que unha destas elaboracións era presentada para activar o resto dos sentidos. Principalmente, o gusto, está claro, pero tamén o olfacto e, incluso, o tacto, xa que algúns dos preparados descansaron directamente sobre a palma da man.

Pero tamén xogou o seu papel o oído á hora de escoitar as exclamacións de goce e os silencios que acompañaban a cada preparación.

Así, os alumnos deste centro formativo pontevedrés, ao tempo que os asistentes cubrían os ollos con antifaces, foron sacando ata sete elaboracións e un cóctel de viño albariño, vermú de camelia, licor de mirabel e té.

As elaboracións

O obxectivo: «Poñer en práctica os vosos sentidos dunha forma más directa, para poder degustar, saborear, explorar todos eses sabores das elaboracións (...). Unha experiencia sensorial inesquecible», concluíu Tina Otero. E todo isto cunha aposta clara e comprometida polos produtos de quilómetro cero e de proximidade.

ETIQUETA NEGRA

Así, a unha primeira bola de mestura de queixos, no que predominaba o de cabra, con corazón de puré de caqui y cuberta de améndoa tostada seguiulle unha base de masa de follado caramelizada sobre a que repousaba paté de mexillóns cun punto de escuma de pemento de Padrón e cun brote de chícharo e peta zetas. Logo tocoulle a quenda a unha esferificación de iogur grego con infusión de froitos vermellos e un salmón curado durante doce horas e mariñado en eneldo e aceite de oliva durante outras 48, escuma de coco, salsa de froita da paixón e ovas de salmón con sementes de sésamo.

E para rematar, tres sobremesas. Un núcleo de torta e queixo e xelatina de sidra con crumble de castaña, mazá caramelizada e salsa de froitos vermellos; unha masa de follado caramelizada con crema de laranxa, unha flor de merengue, rapadura de limón e un toque de escuma; e un flan chinés cunha rosa de nata e rematada con escamas de sal «para activar as glándulas salivales».