Viceiro, saxofonista

Manuel Estévez

PONTEVEDRA

10 nov 2022 . Actualizado a las 12:14 h.

Unha frauta de caña e outra de cor negro moi antiga, foran os primeiros instrumentos de Ramón Viceiro, o mesmo que tivo como berce A Laxe, na freguesía marinense de Xanxian, aquel que desde neno, sentiu unha grande paixón pola música, a que logo o acompañaría sempre.

Comezara a estudar solfexo co profesor, Xosé Rodríguez Sampablo, batuta da Banda de Música de Marín o mesmo quen convidara o rapaz para integrarse no elenco musical e nos primeiros anos da década dos cincuenta, os señores Vinteño e Moldes, formaron unha rondalla para participar no entroido, laudes e guitarras, non dubidando en chamar igualmente ao frautista, que xa destacaba con 13 anos, incluso en programas de radio Pontevedra, obtendo varios premios.

Pouco mais tarde o mesmo Nicolás Vinteño, ideou outra comparsa con media ducia de compoñentes guitarristas, integrando con eles a Ramón Viceiro.

Seu pai, amante da música ollando as súas condicións, mercoulle un saxofón e unha frauta mais moderna. Foi alumno de Luis Oterino, profesor e músico da Banda de Música da Escuela Naval.

Non tardou en subir os palcos co saxofón, clarinete e frauta con músicos da Escola Naval Militar. Tiña 17 anos, cando se integra na Orquestra Melodians, e dous anos mais tarde, incorporase ao servizo militar, na mesma Escola de Marín, aproveitando para preparar mellor harmonía e composición.

Libre das obrigas militares, César Dios, Diosiño, director da Orquesta Florida, procurouno para incorporalo a unha das mellores de Galicia ata que máis tarde el mesmo, formou un Conxunto musical, cuxos compoñentes eran profesores, entre eles o mesmo Diosino ou Chapí, para realizar unha xira por países árabes, Líbano (Beirut), Jordania, Amman, Chipre e Finlandia.

Neste último, casouse cunha finlandesa, non tardando en regresar a Galicia, deixando contratos firmados e xa na terra nai, outra das grandes referencias de Galicia acreditada en hemerotecas e firmas discográficas como Polydor ou RCA coa que gravaron discos que se editaron en Alemaña, España, Bélxica, Xapón ou India, recorrendo distintos países incluso con actuacións nos Xogos Olímpicos de Tokío, interesáronse por Ramón Viceiro.

Eran Os Españoles, os mesmos que gravaron en 1968 para RCA Morriña e Unha noite no trigo». Con eles Ferrolán, que era así como se coñecía o músico de Marín, desprazouse co conxunto para Madrid ata que os compañeiros cos que estivera de xira o reclamaron e por mediación do xulgado e tiveron que cumprir cos contratos no estranxeiro.

Logo fixa a súa residencia e Vigo onde formou un grupo musical e mais tarde exerceu como profesor e director da Banda de Música de Rubios en As Neves e Profesor no Conservatorio Reveriano Soutullo en Ponteareas e despois Os Duendes de Vilagarcía de Arousa, onde ademais de saxo barítono, tenor, alto tamén tocaba clarinete frauta e gaita.

Pasado o tempo e cando os anos lle veñen encima, deixa o mundo dos conxuntos e dedicarse a ensinanza musical nun Conservario de Vigo, onde era titular dunha praza e foi en Coia onde se xubilou.

Hoxe en día descansa tranquilo nunha residencia no alto de San Cosme rodeado de natureza, esperando se cumpra aqueloutro soño de que soñei en Marín o Himno que el mesmo compuxo en dúas versións, unha para Banda e outra para Gaita que el mesmo doara ao Concello xunto con outra composición titulada Vigo-Marin.