Sherlock Holmes nunca pasa de moda

PONTEVEDRA

CEDIDA

Coinciden en el tiempo una nueva colección y la novela Marcos Calveiro, ambas centradas en el detective victoriano

20 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Es uno de los personajes de ficción más reconocibles, aunque nunca hubiera pronunciado a nivel literario eso de «elemental, mi querido Watson». Lo cierto es que las aventuras de Sherlock Holmes nunca pasan de moda, tal vez por ello esté presente en el Libro Guinness de los Récords como el personaje humano literario más interpretado en cine y televisión. Y prueba del interés que despierta es el hecho de que hayan coincidido en el tiempo dos apuestas literarias. Por un lado, la salida al mercado por parte de Booket de una nueva colección que recupera el canon holmesiano —conjunto de 56 cuentos y cuatro novelas escritos por Sir Arthur Conan Doyle— y, por otro, la publicación de Curros & Holmes no Misterio do Kapital (Editorial Galaxia), la primera de la que se espera sea una saga de novelas en las que Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968) asocia al popular detective victoriano con el poeta ourensano Curros Enríquez.

«Con un nuevo y atractivo diseño de cubiertas, inauguran esta colección tres de las novelas más famosas sobre el detective: Estudio en escarlata, El signo de los cuatro y Las aventuras de Sherlock Holmes. De esta manera, uno de los clásicos de novela de misterio se abre a toda una nueva generación de lectores», refieren desde Booket. Mientras que Estudio en escarlata relata el encuentro entre Sherlock y el doctor Watson y el primer caso que desentrañan, El signo de los cuatro es la segunda novela protagonizada por los inquilinos del número 221 B de Baker Street. En cuanto a Las aventuras de Sherlock Holmes, es una colección de doce cuentos escritos por Arthur Conan Doyle y narrados en primera persona por el doctor Watson.

Por su parte, y con respecto a Curros & Holmes no Misterio do Kapital, desde Galaxia subrayan que «neste título, Calveiro introduce ás lectoras e lectores ao derradeiro terzo do século XIX, no momento en que Karl Marx escribe, na biblioteca do British Museum, a segunda parte da súa obra máis destacada, O Kapital, cando lle rouban parte do manuscrito». La novela se encuadra en lo que se conoce como fan-fiction, tal y como reconoce el propio autor: «Evidentemente. Da adolescencia de Holmes nas novelas de Conan Doyle non hai absolutamente ningunha información. Eu dinlle unha adolescencia e o fago na compaña de Curros Enríquez, o poeta de Celanova. As novelas que máis me gustan de Sherlock Holmes non son precisamente as escritas por Conan Doyle, senón por algún dos seus epígonos, dos seus sucesores. Hai unha novela fantástica ambientada no Brasil escrita por Soares e é unha novela extraordinaria. Collemos o personaxe e dámoslle outra vida».

La intención de Marcos Calveiro es entregar a la editorial a finales de año la que será la segunda aventura conjunta de Curros y Holmes.

Marcos Calveiro, autor de «O xardineiro dos ingleses»
Marcos Calveiro, autor de «O xardineiro dos ingleses» MARTINA MISER

Marcos Calveiro: «Sherlock é perfectamente identificable en calquera recuncho do mundo»

Marcos Calveiro é autor de «Curros & Holmes no Misterio do Kapital»

L. Penide

«Todos limos a Holmes nalgún momento, pero, máis que nada, escribo de Curros Enríquez», apunta Marcos Calveiro, ao tempo que matiza que, «por circunstancias históricas e de datas poderían haber coincidido en Londres. Hai unha historia lendaria ao redor dos nove meses, un ano, que Curros estivo exiliado en Londres cando tiña 20 ou 21 anos. Investigando ao redor desa circunstancia, que é un pouco mítica porque tampouco se coñece moito desa situación, vin que podería coincidir coa existencia dun Sherlock Holmes adolescente. Ocorréuseme que podería ser unha boa brincadeira, un divertimento, e aí naceu a historia», engade ao autor de Curros & Holmes no Misterio do Kapital.

—É unha brincadeira, pero vai ter continuidade, non si?

—A idea é que se funciona, continuar, pero haberá a agardar á acollida dos lectores. Non hai que esquecer que outro dos grandes protagonistas desta novela é Karl Marx, a quen lle rouban a segunda parte do Capital e eles investigan esa desaparición.

—Falamos, en todo caso, dun persoeiro de ficción que está no Libro Guinness dos Récords.

—Si, o máis lido, o máis interpretado, o que máis novelas ten fora do canon... De feito, hai pouco reeditouse en castelán unha colección de relatos de Sherlock Holmes obra de grandes escritores da historia universal. É un personaxe que sempre resultou moi atractivo a todo o mundo, pero especialmente aos escritores. É perfectamente identificable en calquera recuncho do mundo. Supoño que antes da chegada de Harry Potter sería o personaxe máis identificable.

—Recorda como descubriu a Sherlock Holmes?

—Supoño que foi de moi rapaz. Imaxino que sería o típico, que sería con algunha novela que atoparía na casa. As de Agatha Christie e de Conan Doyle foron as primeiras novelas detectivescas que caeron nas miñas mans como lector adolescente. E así como non volvín a revisitar as de Agatha Christie, as de Holmes si que o fixen, ademais de que hai moi boas edicións na nosa lingua, en galego. Nunca perden o interese.