Continuando cos máis pequenos, na xornada de mañá domingo Baobab estreará o seu novo espectáculo «Ris Ras» destinado a crianzas de 1 a 7 anos con pase triplo ás 12, 17 e 18.30 horas.
Unha morea de obradoiros chegarán o domingo con Ceo Aberto, Reviravolta, Taller Abierto ou novamente os amigos de Mater Lingua e tamén os contos con Simone Negrí e PoloCorreo, pero tamén haberá actividades para un público xuvenil.